O xogo da billarda

Billarda

O xogo da billarda explicado por Kiko Darriba da agrupación XOTRAMU https://xogostradicionais.gal/wp-content/uploads/2025/07/Billarda-Xotramu.mp4

Premio Mil Primaveras para o proxecto Brazolinda xogos

O pasado sábado e de xuño entregáronse en Pontevedra os VI Premios Mil Primaveras aos proxectos Brazolinda xogos, Galego para peques, Modo galego, actívao! (Real Academia Galega e Concello de Ames) e Vitamina G. Moitos parabéns!Atenea García, de Xarope Tulú, foi a encargada de conducir o acto con contos tradicionais e historias de vida e … Ler máis

Novo libro”Xogos tradicionais e populares dos Ancares”

En Navia de Suarna, Ismael Álvarez, membro do grupo Patrimonio Lúdico Galego, co ánimo de divulgar a cultura da zona, comezou unha investigación dirixida á colleita de xogos dos Ancares que rematou no Libro “Xogos tradicionais e populares dos Ancares”, publicado pola Deputación de Lugo e que acaba de presentar neste mes de maio. Recolleu … Ler máis

Festa dos Maios en Pontevedra 2025

Celebrouse a tradicional Festa dos Maios 2025 en moitos concellos de Galicia, principalmente das provincias de Ourense e Pontevedra. Nesta última destacan os da propia cidade, os de Poio, Redondela, Marín, Vilagarcía … O CEP Campolongo fixo unha pequena reportaxe da súa participación na Praza da Ferraría de Pontevedra que podedes ollar na seguinte ligazón: … Ler máis

Tempo de xogar. Brincando na natureza

Audiovisual creado (2005) por Xosé López e Xosé Manuel García, responsables do museo do xoguete “O recuncho das argalladas”, localizado no Pazo de Tovar, en Vilanova de Lourenzá (Lugo). Un xeito de gozar da nosa natureza lúdica. Daquela que temos ao noso carón e, moitas veces, non somos capaces de adiviñar as múltiples sorpresas agradables … Ler máis

30º Aniversario Ponte nas Ondas

O mércores, día 26 de marzo de 2025, cumpríronse 30 anos da andaina de Ponte nas Ondas. Dende que arrincara en Salvaterra de Miño hai tres décadas, leva loitando e poñendo en valor o noso patrimonio inmaterial, desde as máis variadas perspectivas.O colectivo do Patrimonio Lúdico Galego queremos agradecerlles este inmenso traballo e dedicación, neste … Ler máis

Aula Oberta 2025 – A bugalliña e o bugalliño

Ciclo de conferencias da Aula Oberta que se celebraran no Salón de Actos da Embaixada de España en Andorra durante este ano 2025. Entre as conferencias destacamos a de “Jugando con la tradición : un análisis etnomotor y feminista a bugalliña y o bugalliño”, da nosa compañeira do Patrimonio Lúdico Galego Manuela Vázquez Coto.