Almanaque 2026 con Xogos tradicionais. Xogos que nos unen, memoria que florece.

Almanaque 2026 con Xogos tradicionais. Xogos que nos unen, memoria que florece.

Iniciativa da agrupación (SEMENTE) . Cada mes do almanaque ten un xogo e un código QR para ver un vídeo do xogo. Ver o almanaque.

“O xogo é, desde sempre, unha necesidade vital da humanidade. É a actividade máis importante da infancia, a profesión dos nenos, o territorio natural onde proban o mundo e descobren hábitos físicos, intelectuais, sociais e morais. Xogar é un acto libre, espontáneo, non condicionado polo exterior; un acto que produce pracer por si mesmo e no cal os medios importan máis do que o fin. Porque a finalidade do xogo é, simplemente, xogar. Por iso, neste Calendario 2026 dedicado aos nosos xogos tradicionais, queremos celebrar esa forza creadora que as xeneración pasadas souberon cultivar e transmitir. Cada xogo naceu da vida comunitaria entretecida de brincadeiras e agarimos de veciñas, amigos e familiares; e, á súa vez, cada xogo permítenos reinventar o pracer de brincar, transformándose e recriándose nas maos dos nenos. Neles encontramos valores que hoxe continuamos a considerar fundamentais: o esforzo partillado, a solidariedade e a forza da imaxinación”. (SEMENTE)

Facebook
X
WhatsApp
Telegram
Email