«Palabra no tempo» é un proxecto educativo e de dinamización lingüística impulsado polo alumnado e profesorado do CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel que busca investigar, recuperar e reforzar o léxico patrimonial da comarca a través de xogos de mesa e recursos didácticos. Desenvolvida durante o curso 2025/2026, esta iniciativa conecta a rapazada coa veciñanza maior para evitar a perda da riqueza dialectal e cultural da serra. Para que o vocabulario investigado volva ás casas e ás aulas de maneira lúdica, o proxecto transformou os datos recollidos nos seguintes materiais: Dicionario de léxico patrimonial do Courel. – Dous xogos de mesa ...
Nos imos colaborar con esta iniciativa con algúns xogos: Courel A – Courel B – Courel C