Por Isabel Vilalba Seivane: ” No VII Curso de Formación do Patrimonio do Xogo Lúdico Galego” Xosé Manuel Beiras Torrado, intelectual, político, escritor, economista, e referente fundamental na construción da identidade de Galicia, deixou presente no Salón de Actos do Concello de Lourenzá o legado de Castelao, o inxente labor cultural, intelectual e político de Paco del Riego, de Xaime Illa Couto, de Ramón Piñeiro, da Xeración de La Noche, do Grupo Brais Pinto e de tantas outras figuras senlleiras galegas. Un broche de ouro para o peche do VII Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico. Lembramos xogos e xoguetes da nenez vilega de Paco del Riego, na que sempre sopraron ventos de aldea, e reivindicamos o xogo tradicional e eses ventos de aldea para o futuro.
No prólogo do libro Xoguetes Esquecidos de Xosé Manuel García e Xosé López González, dous laurentinos, de orixe ou de vida, dos máis grandes investigadores galegos sobre o xoguete tradicional, Paco Del Riego realizaba precisamente unha chamada á condición natal das xentes nestes tempos de sentimentos confusos”.
Conferencia de Xosé Manuel Beiras Torrado no VII Curso de Formación do Patrimonio Lúdico Galego
Conferencia de Xosé Manuel Beiras Torrado no VII Curso de Formación do Patrimonio Lúdico Galego
Facebook
X
WhatsApp
Telegram
Email