Muimenta vístese de tradición o domingo 1 de xuño… e ti non podes faltar!
Chega a XVII Festa dos Xogos Tradicionais, unha xornada chea de diversión para todas as idades:
• Espectáculo sobre rodas con CABICIVAI
• Música tradicional en directo con AXEIGO
• Aberto de billarda
• Campionato de tirapedras, lanzamento de boina, obradoiros, xogos populares… e moito máis!
Dende as 16:00, no campo da Igrexa Vella.
Un encontro con raíces, emoción e moita festa.