30º Aniversario Ponte nas Ondas

30º Aniversario Ponte nas Ondas

O mércores, día 26 de marzo de 2025, cumpríronse 30 anos da andaina de Ponte nas Ondas. Dende que arrincara en Salvaterra de Miño hai tres décadas, leva loitando e poñendo en valor o noso patrimonio inmaterial, desde as máis variadas perspectivas.
O colectivo do Patrimonio Lúdico Galego queremos agradecerlles este inmenso traballo e dedicación, neste día tan sinalado. Nós tamén quixemos aportar o noso granciño neste evento. Deste xeito, Lito Prado, estivo no acto de Ourense e Manolo e Pepe, no celebrado na alfándega de Valença do Minho.
Parabéns a Ponte nas Ondas! VER VÍDEO

Facebook
X
WhatsApp
Telegram
Email