Pai Música, 2007
O CD de audio consta de 13 cantigas tradicionais para nenos, interpretadas por cantantes e músicos do prestixio de Leilía, Fuxan os Ventos, Migallas, Xabier Díaz, Mercedes Arribe, Sonia Lebedynski, Sra. Carmen, Xurxo Souto, César Longa, Begoña Riobó, Pancho Álvarez, Segundo Grandío, Xosé Liz e a charanga ‘Vai de Baile’. O DVD está formado por un docufilm dirixido por Pablo Carpintero e Gustavo Couto sobre os xogos tradicionais, ademais dun ‘como se fixo’ e os videoclips e playbacks das cantigas.
Recursos Musicais
Ed. do Cumio, 2015
— CD audio: 24 cantigas de nanar, un aloumiño e un arrolo
— Pista de datos: Karaokes
Partituras do disco: Arranxos Orff con opción de ver a partichela de cada instrumento co seu son MIDI
Outras versións con karaoke
Aplicación lectora de partituras
Partituras das melodías orixinais en dúas tonalidades
Pai Música, 2009
As lúas que compoñen o ciclo do ano, ou os doce meses do calendario; as lúas que dende tempos ancestrais foron guía da vida; as lúas que puxeron data aos traballos e tamén ás festas; as lúas que levan aparelladas unha fonda tradición cultural que chega ate os nosos días…
XOGOS MUSICAIS
- Luís Prego Fernández, Marta Iglesias
Ed. do Cumio, 2013
Este traballo pretende afondar nos xogos, recitados e cancións para os máis cativos da casa, converténdose deste xeito nun libro entregado por completo aos xogos musicais iniciáticos. O tratamento das cantigas e recitados que compoñen este libro foron escollidos para que sexan un bo material didáctico para os pais, non se centrando exclusivamente na faceta artística. As músicas son doadas de asimilar e facilmente reproducibles por pais e nais que non sexan grandes intérpretes ou cantantes profesionais, e as súas letras repetitivas…
Contén un CD con 38 cancións.