Miudiño, 2016
Fíos do querer ofrécenos 24 sinxelas e fermosas cancións para xogar, cantar e bailar cos nenos/as no colo.
Recursos Musicais
Artista que dirixe o seu traballo ao público infantil con todo tipo de producións. Algúns dos seus temas musicais
fan referencia explícita ao patrimonio lúdico galego.
Kalandraka, 2014
Un libro-disco de arrolos tradicionais, xoias melódicas do noso patrimonio oral e musical recreadas por destacados intérpretes. “Estes cantos de berce, noutrora abondosos e hoxe case inexistentes, transmitían as palabras primeiras. Palabras que completaban o universo sonoro co amor vertido sobre a criatura…” (Mini no Limiar).
(Libro, CD e DVD)
Pai Música, 2006
Na primeira parte do libro atópase a información de cada unha das cantigas incluidas no CD. Na segunda parte aparecen textos explicativos cunha ampla información sobre as tradicións do Nadal en Galiza. Os textos foron elaborados por Carlos Rey, Xosé Luis Rivas (Mini) e Baldomero Iglesias (Mero).
Kalandraka, 2014
Libro-disco dirixido a público familiar que reúne 14 cancións infantís e versións de temas tradicionais que Migallas interpreta nos seus espectáculos e actividades de expresión dramática.
Edicións do Cumio, 2008
Guía con vinte e tres xogos e danzas tradicionais procedentes da nosa tradición pero adaptados aos tempos de hoxe. Para desenvolver colectivamente, con explicacións sinxelas das coreografías, ilustradas con debuxos, letras adaptadas, partituras, e un CD coas cancións e unha pista de vídeo para reforzar a comprensión.